Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Añá (Santa María)
Añá (Santa María)

Parroquia de Añá, concello de Frades

Composta polas aldeas de Añá de Meus, Bouzamonte, A Carballeira, Carballiño, Chedas, A Igrexa, O Lameiro, O Pombo, San Paio, Sanamil e Tarrentos.

Arquitectura popular

Cruceiro de Santa María de Añá.
É de granito e posúe unha cruz circular e a imaxe de Cristo crucificado nun lado e a Dolorosa no reverso. Ten capitel cilíndrico, base cúbica e plataforma cuadrangular de laxas de lousa.

Igrexa parroquial de Santa María de Añá.
Os seus muros son de cachotaría granítica, agás enmarques de portas e ventás, que son de perpiaño. A fachada, de forma rectangular, está decorada con aletóns. Posúe dobre campanario.

Festividades e santuarios

Santa María, 15 e 16 de agosto.
San Paio, último sábado de xuño.
Festa da Resaca, 20 de abril.