Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Frades (San Martiño)
Frades (San Martiño)

Parroquia de Frades, concello de Frades

Composta polas aldeas de Cimadevila, Os Fernandes, O Pino, Reirís, Santo Amaro, San Martiño e O Vilar.

Arquitectura popular

Cruceiro da Ermida da Madalena.
Foi realizado en granito e recomposto con pezas doutro cruceiro. Posúe unha cruz rectangular con pedestal, coa imaxe de Cristo crucificado e, no reverso, a Piedade. Non ten capitel e a súa base é troncopiramidal. O fuste, octogonal, comeza e remata cadrado.

Festividades e santuarios

San Martiño, 11 e 12 de novembro
San Miguel, 29 de setembro
San Nicolau, 10 de outubro
Madalena, 22 de xullo