Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Ledoira (San Martiño)
Ledoira (San Martiño)

Parroquia de Ledoira, concello de Frades

Composta polas aldeas do Covelo, A Figueira, Fonte Maior, A Igrexa, Ponte Carreira, As Quitás, Receá, Ribadas, O Vilar e Vilorín.

Arquitectura popular

Cruceiro de San Martiño de Lendoira.
Realizado en granito. Posúe unha cruz octogonal, coas imaxes de Cristo crucificado e, no reverso, de Santo Antonio de Padua. É de capitel cilíndrico e fuste octogonal que comeza cadrado e remata cilíndrico e cunha imaxe, base cuadrangular decorada con follas e plataforma cuadrangular.

Igrexa parroquial de San Martiño de Lendoira.
É unha igrexa de estilo barroco. A fachada está ornamentada con pináculos piramidais rematados en bólas e un frontón circular. Ten dobre campanario.

Festividades e santuarios

San Martiño, 11 e 12 de novembro.
O Carme, primeiro domingo de agosto.