Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Vitre (San Xoán)
Vitre (San Xoán)

Parroquia de Vitre, concello de Frades

Composta polas aldeas de Augas Santas, O Campo, As Corredoiras, Os Currillos, A Igrexa e Os Loureiros. Conta cunha poboación de 2.817 habitantes (censo de 2007), atopándose diseminada polos 81,7 quilómetros cadrados cunha densidade de 34,48 habitantes por quilómetro cadrado, bastante baixa en relación coa media provincial.

Arquitectura popular

Cruceiro de San Xoán de Vitre.
Realizado en granito. Posúe cruz octogonal, coas imaxes de Cristo crucificado e, no reverso, da Dolorosa. Ten capitel cilíndrico, fuste octogonal que comeza cadrado e remata cilíndrico, e base cúbica.

Igrexa parroquial de San Xoán de Vitre.
Posúe cuberta a dúas augas e un campanario coroado por pináculos.

Capela da Nosa Señora das Virtudes.
É de cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta enmarcada por unha ventá, unha fornela e está rematada por pináculos.

Festividades e santuarios

San Xoán, 24 e 25 de xullo.
As Virtudes, primeiro sábado de setembro.