Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades organiza un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres
O Concello de Frades organiza un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres
Martes, 16 Outubro 2018 13:46

cursodefensamulleresfradesO Concello de Frades e a Secretaría Xeral da Igualdade organizan un curso gratuíto de defensa persoal e autocapacidades para mulleres, unha iniciativa de adestramento físico e psíquico que será impartida por monitores especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita. A participación está aberta ás mulleres do municipio que o desexen, sempre que se anoten no Concello de Frades (981 695 567) antes do 8 de novembro.


A duración do curso será de 8 horas e terá lugar os días 19 e 21 de novembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, no multiúsos de Frades. Para facilitar a participación, o Concello de Frades ofrecerá un servizo gratuíto de gardería, sempre que se sume un mínimo de cinco nenos/as.