Versión en castellano
Inicio Novas Resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do Permiso de Investigación “Xanceda”, Nº 7138 nos concellos de Frades e de Mesía
Resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do Permiso de Investigación “Xanceda”, Nº 7138 nos concellos de Frades e de Mesía
Xoves, 22 Agosto 2019 16:37

Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas de outorgamento da concesión de explotación derivada do Permiso de Investigación “Xanceda”, Nº 7138 nos concellos de Frades e Mesía.


Expediente: CE/AC/07138 Dereito: Xanceda Concellos: Frades e Mesía Núm. cuadrículas: 25

Solicitante: Explotación de Rocas y Minerales, SA

Asunto: Proposta de resolución Procedemento: Concesión de explotación derivada

Tipo de inicio: solicitude do interesado

Data de inicio: 26/11/2015

 

1.- Outorgar a concesión de explotación derivada de permiso de investigación de recursos mineiros da sección C) Xanceda, núm. 7138, da provincia da Coruña, de 25 cuadrículas mineiras, nos termos municipais de Frades e Mesía, na provincia da Coruña e designada perimetralmente polas seguintes coordenadas xeográficas segundo o plano de demarcación que se xuntará ao título de concesión por un período de trinta anos.

Este outorgamento implica a aprobación expresa do proxecto de explotación asinado por José Antonio Valencia González, enxeñeiro Técnico de Minas, Colexiado núm. 107 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, con número de visado 212 do 20/11/2015.

 

2.- Aprobar o plan de restauración da concesión de explotación Xanceda, núm. 7138, asinado por José Antonio Valencia González, enxeñeiro Técnico de Minas, Colexiado núm. 107 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, con número de visado 212 do 20/11/2015.

 

3.- A Concesión de explotación outórgase condicionada ao cumplimento das seguintes condicións adicionais:

a) Deberanse cumprir as condicións impostas na Declaración de Impacto Ambiental do 29/05/2019 e en particular as seguintes:

- Só se explotarán aquelas leiras nas que exista previo acordo cos seus propietarios, en consonancia coa renuncia expresa da empresa explotadora ao dereito de expropiación forzosa que a lei outorga aos titulares dunha concesión mineira.

- Quedan excluídas as parcelas seguintes en tanto estean suxeitas ao compromiso de mantemento de agricultura ecolóxica, é dicir na zona norte elimínanse de forma completa as subzonas 9, 11, 12, 13, 15, 28, 29 e 30, e de forma parcial as subzonas 3, 7, 8, 10, 16, 26 e 44, e na zona sur a subzona 15.

b) Á vista da planificación da explotación por campañas anuais na época estival e para o mellor control polo órgano mineiro, considérase necesario a comunicación de inicio dos traballos para cada campaña coa indicación das leiras nas que se vai a actuar.

c) De acordo co establecido no artigo 32 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia, a sociedade ERIMSA constituirá, antes do inicio dos traballos, unha garantía financeira ou equivalente pola suma dos seguintes importes:

- Un importe de 101.112,60 euros, equivalente ao 4% do orzamento de financiamento, para responder do cumprimento das obrigas de financiamento e viabilidade dos traballos.

- Un importe de 162.417,25 euros que responda do cumprimento do Plan de Restauración Ambiental das labores realizadas durante o primeiro período de 5 anos.

O prazo para presentar na Xefatura Territorial o xustificante da constitución desta garantía será dun mes computado a partir da recepción da notificación do outorgamento.

 

3.- O titular debe iniciar os traballos de explotación no prazo dun ano, que se computará a partires do día seguinte á notificación da resolución de outorgamento, e comunicar á Xefatura Territorial a data do inicio dos traballos de explotación.

4.- ERIMSA deberá presentar aos cinco anos do inicio dos traballos a revisión do Plan de restauración establecida polo RD 975/2009 e deberá propoñer a revisión da garantía correspondente ao cumprimento do Plan de Restauración Ambiental cando no correspondente plan de labores anual estea previsto que o custo de restauración das superficies realmente alteradas vaia a superar a cantidade depositada por ese concepto.

5.- Para asegurar o cumprimento das condiciones da autorización do plan de restauración, e do seu calendario de execución, a entidade explotadora contará, de acordo co establecido no artigo 44.2 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, cun organismo de control que cumpra o disposto no anexo III do dito real decreto. O control realizado polo citado organismo efectuarase polo menos cunha periodicidade anual desde o comezo das actividades de explotación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado dende o día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa, ou ben, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que proceda. Notifíquese esta Resolución aos interesados segundo o art.40 da Lei 39/2015 citada.

Santiago de Compostela, O conselleiro de Economía, Emprego e Industria P.D. Orde 10/06/2016 – DOG núm.131 , do 12/07/2016

O director xeral de Enerxía e Minas

Ángel Bernardo Tahoces.

 

Resolución de outorgamento.