Versión en castellano
Inicio Novas Unhas sesenta persoas participan na excursión municipal de Frades a Viveiro
Unhas sesenta persoas participan na excursión municipal de Frades a Viveiro
Luns, 12 Agosto 2019 00:00

20190812_excursionviveiro (1)Un total de 57 persoas participaron esta fin de semana na excursión municipal do Concello de Frades á localidade de Viveiro, en Lugo. No seu percorrido, visitaron o Museo do Mar, a feira e festa da Maruxaina e a Praza Maior da vila. Despois de xantar, acudiron ao Miradoiro de San Roque e tiveron ocasión de coñecer a réplica da Gruta de Lourdes existente en Viveiro.


A programación de viaxes lúdicas do Concello de Frades terá a súa nova cita no mes de setembro, cunha excursión de cinco días que levará a quen participe ata San Sebastián, Lourdes, Andorra, Zaragoza e Logroño. Esta viaxe está programada entre os días 18 e 22 de setembro. As persoas interesadas en anotarse dispoñen de prazo ata o 4 de setembro.

 

A excursión ten un prezo de 330 euros por persoa empadroada. As de fóra do municipio terán que pagar 350 euros. Para os nenos e nenas de doce anos de idade ou menos o importe é de 200 euros. Están dispoñibles 55 prazas como máximo, que se asignarán por orde de inscrición e con preferencia ás persoas empadroadas en Frades no caso de que o número de anotacións supere o de prazas.