Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades reparte 2.270 euros en axudas ao estudio entre as familias máis necesitadas do municipio
O Concello de Frades reparte 2.270 euros en axudas ao estudio entre as familias máis necesitadas do municipio
Xoves, 11 Xuño 2009 00:00

O alcalde, Miguel Prado, asina sendos convenios para sufragar os gastos derivados da organización das festas patronais e da limpeza dos campos da festa das doce parroquias

Transporte escolar e materialO alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, ven de asinar un convenio para o reparto de 2.270 euros en axudas para o transporte escolar e compra de material escolar para os estudiantes de bacharelato no municipio con  menores recursos económicas. Unhas axudas que beneficiaron a un total de quince familias.

Unhas axudas que este ano foron se cabe moito mellor recibidas polas familias, debido aos efectos da crise económica sobre a economía familiar. Ademais, Prado Patiño sinala que este acordo “é unha clara aposta do Concello de Frades pola educación dos nosos mozos, xa que nas súas mans reside en gran parte o futuro deste municipio”.

 

 

Comisións de festasFestas patronais

Así mesmo, Miguel Prado tamén asinou un convenio de colaboración cos representantes das distintas comisións de festas do municipio. Un convenio que ten un dobre obxectivo: sufragar os gastos derivados da realización das propias festas patronais e costear os gastos de limpeza dos correspondentes campos da festa.

Coa sinatura deste convenio, o Concello de Frades comprométese a colaborar en dar publicidade a todas estas festas e tamén a limpar o campo de festas, alomenos dúas veces ao ano. Un convenio que foi asinado con representantes das doce parroquias de Frades.