Versión en castellano
Inicio Novas Setenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Xuvenlugo
Setenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Xuvenlugo
Xoves, 14 Xaneiro 2010 19:22

xuvenlugoUn total de 72 veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión organizada polo Concello de Frades a “Xuvenlugo”, unha feira que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. Aínda que inicialmente só estaba previsto un autobús, a demanda de prazas para participar nesta actividade foi tan elevada que o Concello de Frades decidíu subvencionar dous autobuses para desprazarse ata Lugo e a entrada xeral a “Xuvenlugo”. Unha viaxe na que os veciños estiveron acompañados polo concelleiro de Cultura, Deporte e Patrimonio, Roberto Rey Martínez.

 

 

A entrada subvencionada polo Concello de Frades deulles dereito a estes 72 veciños e veciñas a utilizar os inchables, os coches de choque e o rocódromo, así como participar nos obradoiros (de videoxogos e globoflexia) e en varias atraccións (tren da bruxa, saltamontes e camas elásticas). As outras actividades (como a tirolina, o paintball, o minigolf, o scalextric ou o karting infantil) non estaban incluidas na entrada, pero non foron poucos os fradenses que disfrutaron delas, especialmente do paintball e do karting.

xuvenlugo2xuvenlugo3