Versión en castellano
Inicio Novas O Concello levará actividades de ocio ao local social da parroquia de Frades
O Concello levará actividades de ocio ao local social da parroquia de Frades
Domingo, 20 Marzo 2011 21:01

localsocialfradesOs veciños e veciñas da parroquia da parroquia de Frades, poden disfrutar dende esta semana dun remodelado centro de ocio, rehabilitado nos últimos meses polo Concello de Frades. Un local situado no lugar de Cimadevila, no mesmo inmoble que acolle a casa consistorial, e que foi inaugurado polo alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, nun acto que reuniu a unha vintenta de veciños e veciñas que pudieron comprobar por si mesmos as melloras introducidas no inmoble.

 

Así, o Concello de Frades instalou tres máquinas de ximnasia: bicicleta estática, cinta-andadora e elíptica. Ademais, dotou ao local social da parroquia de distintos elementos de ocio, entre os que figuran unha televisión, un ordenador con conexión a Internet por wifi, cafeteira e distintos xogos de mesa (cartas, xadrez, parchís, etc).

 

Miguel Prado indicou que desexa que estes locais “se convertan nun punto de encontro para os veciños e veciñas de cada parroquia”, polo que lles ofertou aos veciños da parroquia de Frades a posibilidade de escolleren unha actividade gratuita para realizar conxuntamente todos os mércores pola tarde. Así, os veciños poderán elixir entre manualidades, ximnasia, pintura sobre vidro ou risoterapia.

localsocialfrades2